Xa son 740 os falecidos por COVID-19 en Galicia ao rexistrarse catro novos falecementos

Son dous homes e unha muller ingresados no CHUO e outro home ingresado no CHUS, todos con patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2020 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

Catro novos falecidos nas últimas horas elevaron o número de vítimas mortais pola COVID-19 a 740 persoas en Galicia, todos eles con patoloxías previas.

En concreto, trátase de dous homes de 86 e 81 anos e unha muller de 86 que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, e doutro home de 83 anos ingresado no Complexo Universitario Hospitalario de Santiago.

Con estes novos casos, o número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascendeu a 119.

Este luns volveu a aumentar a lista das vítimas despois dun domingo sen comunicación de ningún deceso por parte das autoridades sanitarias, o que levaba un mes sen ocorrer --desde o 27 de agosto--.

A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Unha traballadora sanitaria sostén unha probeta cunha proba PCR. Ricardo Rubio - Europa Press
Unha traballadora sanitaria sostén unha probeta cunha proba PCR. Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anónimo

Y después la Xunta pretende celebrar las macrooposiciones en Silleda en octubre y noviembre, no hay virus, es la imagen que se quiere trasladar