Feijóo prefire poñer de exemplos a Inditex e Estrella Galicia e non ao pequeno empresariado que resiste á Covid

Destaca o "compromiso social" das dúas marcas no actual contexto de pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2020 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou á innovación como alicerce da "industria do futuro", durante a súa intervención nun acto na sede do Museo de Estrella Galicia e tras a visita que realizou á mesma, xunto ao vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde.

Nela, reivindicou tamén o "compromiso social" desta compañía e de Inditex no actual contexto de pandemia. "Das poucas empresas españolas que non tiraron do gasto público para financiar o salario do seu persoal", dixo sobre os expedientes de regulación de emprego temporal. Unha afirmación que contrasta co sacrificio de moitas medianas e pequenas empresas galegas que tamén están resistindo a Covid e mantendo milleiros de postos de traballo sen axudas públicas.

En particular, Feijóo destacou a "resistencia" da compañía cervexeira durante a pandemia. "Que non diminuíu os seus investimentos, que vai incrementar os seus postos de traballo", dixo antes de situala como "un exemplo de boas prácticas" no que se refire a "a innovación, a internacionalización e a diversificación dos seus produtos".

Pola súa banda, o conselleiro delegado de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, admitiu que este está a ser "un ano complicado" e que apostaron, no actual contexto, pola "internacionalización e a venda electrónica". "Das crises pódese saír reforzado", afirmou tamén nunha intervención na que cualificou de "magnífica noticia" para a hostalaría o acordo de prorrogar os expedientes de regulación temporal de emprego. "Ou se lle axuda ou non chega a Semana Santa", advertiu.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visita as instalacións de Estrela Galicia, xunto ao conselleiro delegado Ignacio Rivera e o conselleiro de Economía, Francisco Conde. DAVID CABEZÓN
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visita as instalacións de Estrela Galicia, xunto ao conselleiro delegado Ignacio Rivera e o conselleiro de Economía, Francisco Conde. DAVID CABEZÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta