Investigan un veciño de Laxe que foi interceptado ebrio e sen carné tras un accidente

Foi posto, xunto coas actuacións realizadas, a disposición do xulgado de Instrución de garda de Carballo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2020 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Corcubión investigou a un condutor veciño de Laxe  como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria tras interceptado en estado ebrio tras un accidente ao volante dun coche sen carné.

Segundo relatou o Instituto Armado, os feitos ocorreron ao ter coñecemento a Garda Civil dunha saída de vía dun vehículo no quilómetro 3 da estrada DP-4001 no termo municipal de Zas.

Ata ese punto desprazouse unha patrulla co fin de auxiliar aos seus ocupantes e regular o tráfico na vía. Ao chegar ao lugar os axentes comprobaron que trataba dun cuadriciclo, vehículo coñecido como coche sen carné, cuxo condutor e único ocupante presentaba "síntomas evidentes de estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas".

A patrulla realizou as probas de alcoholemia ao condutor, nas que obtivo un valor de 0,77 mg/lL en aire expirado na primeira proba e de 0,75 mg/l na segunda.

Por iso, a Garda Civil procedeu á investigación deste individuo como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. Foi posto, xunto coas actuacións realizadas, a disposición do xulgado de Instrución de garda de Carballo.

Interceptado ebrio un condutor de Laxe tras un accidente nun vehículo sen carné.. GARDA CIVIL
Interceptado ebrio un condutor de Laxe tras un accidente nun vehículo sen carné.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta