Os portátiles repartidos pola Xunta non conseguen resolver a brecha dixital do alumnado galego

Un estudo do Goberno cifra en 130.000 os galegos que non teñen acceso a conexións de banda ancha, case o 5% da poboación.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

129.000. Ese é o número de habitantes de Galicia que, ata o momento, carecen de acceso a unha conexión wifi de banda ancha. Son datos recollidos polo Ministerio de Asuntos Económicos que dan mostra dunha problemática clara: case o 5% dos galegos segue "desconectado", en palabras da compañía de telecomunicacións Eurona.

Unha estudante fronte ao ordenador
Unha estudante fronte ao ordenador | Fonte: EFE

A cifra, pese a non situarse entre as peores do Estado -Extremadura e Castela a Mancha rozan a decena- si ameaza con supoñer un problema de cara a unha posibilidade que está a coller forza: que a educación regresara á modalidade telemática. Xusto na xornada en que se vén de rexistrar o maior gromo nunha soa clase, nun centro de Ourense, a evidente desconexión do alumnado rural supón un problema que xa foi denunciado nos meses do confinamento.

Sindicatos e Anpas criticaron entón que a Xunta non se implicara para reverter as desigualdades que estaban a xurdir entre, principalmente, o alumnado das zonas urbanas e o rural. Segundo datos do Ministerio, a "desconexión" das zonas rurais de todo o Estado acada proporcións do 13%, unha circunstancia que, vencellada á habitual inestabilidade da liña, pode dificultar o seguimento das clases.

DESIGULADADE ENTRE ALUMNOS

Ante estas circunstancias, o executivo galego optou por centrar os seus esforzos no reparto de ordenadores portátiles que, en certos casos, foron acompañados de dispositivos para garantir a rede wifi. Con todo, os datos do Ministerio dan proba dunha problemática que segue presente no conxunto da sociedade, afectando especialmente ó colecido estudantil. A cifra atópase por riba dos datos de Madrid e Euskadi pero é mellor que no caso de Cataluña (6'4%) e Asturias (5'5%).

O docente Javier Gómez, de Profesorado en Pé, resumía o problema da desconexión aludindo a dúas desigualdaes diferenciadas. “Por unha banda están os miles de alumnos do rural, que por motivos de localización non teñen acceso a internet ou só poden navegar de xeito precario. Pero tamén temos que ter en conta ó alumnado con dificultades socioeconómicas”, destacaba en relación a unha “fenda” apreciabñe “de xeito claro” no nivel de seguimento das actividades. “Vese a diferenza entre os rapaces con familias cunha boa posición e os non o teñen tan fácil”, puntualizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta