O mes de xuño veu duplicar en Galicia as licenzas para edificacións de nova planta ata 156

O número de vivendas creadas en rehabilitación será de 50 e as vivendas a demoler, 16. A variación neta do parque de vivendas este mes foi, por tanto, positiva, en 285 unidades.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2020 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

A concesión de licenzas para edificacións de nova planta duplicouse en xuño en Galicia, ata situar o total en 156, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Sobre edificacións xa existentes, o sexto mes do ano, déronse licenzas para 184 obras de rehabilitación e 22 para obras de demolición de edificios.

Estas licenzas permitirán construír 251 novas vivendas. O número de vivendas creadas en rehabilitación será de 50 e as vivendas a demoler, 16. A variación neta do parque de vivendas este mes foi, por tanto, positiva, en 285 unidades.

Edificio de vivendas en construción. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Edificio de vivendas en construción. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta