A Xunta de Feijóo en contra de confinar ás cidades de máis de 100.000 con máis de 500 casos

Os populares politizan a pandemia e din que a proposta do Goberno central é "incompleta" e "sen avais técnicos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2020 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

A Xunta trasladou o seu rexeitamento á proposta do Ministerio de Sanidade para restrinxir a mobilidade nos municipios de máis de 100.000 habitantes con máis de 500 casos de COVID-19, tras considerala "incompleta" e que carece dos "avais técnicos suficientes" para adaptala á situación epidemiolóxica da comunidade galega.

Así o trasladou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no seo do Consello Interterritorial de Saúde. En concreto, o titular autonómico criticou que a proposta unicamente contempla tres criterios de avaliación e "obvia moitos dos parámetros" recolleitos polo documento elaborado polo comité clínico de expertos galego.

O ministro de Sanidade, Salvador Illa (5d), preside por videoconferencia a reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, en Madrid (España), a 30 de setembro de 2020.. Moncloa
O ministro de Sanidade, Salvador Illa (5d), preside por videoconferencia a reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, en Madrid (España), a 30 de setembro de 2020.. Moncloa | Fonte: Europa Press

Con todo, a proposta saíu adiante co apoio de todas as autonomías menos as gobernadas polo PP, Madrid, Galicia, Andalucía, Ceuta, Murcia, ademais de Cataluña. "Houbo unha ampla maioría polo que é unha decisión colexiada", dixo o ministro de Sanidade, Salvador Illa, para informar de que no caso de Madrid afecta a 10 municipios, incluído a capital, e avisar de que "ninguén entende" que a comunidade votase en contra.

Galicia conxuga os datos de ata 10 parámetros cos seus correspondentes indicadores, que se teñen en conta para a toma de decisións e de medidas restritivas nos diferentes municipios, explicou. Esta liña de traballo segue, ademais, "os mesmos criterios" tanto para municipios pequenos como para os grandes núcleos de poboación, incluídos aqueles de máis de 100.000 habitantes.

Sanidade censura que o Ministerio deixa de lado indicadores como a vulnerabilidade, a porcentaxe de positivos sobre cuarentenados, a presión hospitalaria ou a situación das urxencias. É por iso, que Comesaña advertiu que obviar estes criterios non permitiría dar continuidade ao traballo desenvolvido desde o inicio da pandemia en Galicia.

Finalmente, e a pesar de rompelo, apelou a "recuperar o consenso" do Consello Interterritorial de Saúde e "sumar esforzos" para configuar un documento "válido" para o conxunto das comunidades. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Catro Anos Por Diante

Tamén estaba en contra de que os madrileños viaxaran na ponte marzo e miradeo agora.

1 Zngan

Estes tipos son verdadeiramente unha lacra por non dicir outra cousa. Avais técnicos os da OMS que di que hai que confinar moito antes de chegar a esa animalada de 500 por 100.000. Chegados a ese punto está demostrado que non hai maneira de controlalo e xa se considera unha taxa de contaxios doméstica e sen control. 125 mortos desde a "nova normalidade" en Galicia, partindo da base de que houbo 2 meses sen mortos e casi todos son do último mes, é unha cifra tremenda. Cando sexa tarde nin saúde nin economía. Pero seguirán pagando xustos por pecadores e non me imaxinaba a ruindade, insolidariedade e egoísmo desta sociedade en grado tan elevado.