Detectan seis novos gromos na provincia de Ourense

Un deles é en Ribadavia, oturo en Baltar-Xinzo e catro na capital.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2020 | Actualizada ás 21:59

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias detectaron seis novos gromos que afectan a tres municipios da provincia de Ourense. Un deles é o caso de Ribadavia, con catro positivos confirmados: unha muller de 29 anos, un home de 31 e dous menores.

Ourense, pola súa banda, conta con catro novos focos, dous deles de orixe familiar con catro novos positivos confirmados, outro social con catro contaxios e outro de orixe social-familiar con seis positivos por COVID-19.

Así mesmo, detectouse un novo brote en Baltar-Xinzo de Limia con oito positivos confirmados, entre eles, un home de 70 anos, catro mulleres de 28, 32, 65 e 33 anos e un tres menores.

Dúas mulleres á entrada da residencia de anciáns
Dúas mulleres á entrada da residencia de anciáns | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta