Morren dous homes tras precipitarse o seu vehículo ao mar no porto de Malpica

Emerxencias apunta a un "descoido" como causa do fatal accidente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2020 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

Dous homes de 41 e 48 anos de idade faleceron este xoves despois de precipitarse ao mar o seu vehículo ao mar no porto da localidade coruñesa de Malpica.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 00,30 horas deste xoves nas proximidades da lonxa e a pesar dos esforzos dos equipos de emerxencia desprazados ata o lugar, nada se puido facer por salvarlles a vida. Os efectivos de rescate apuntaron a que "todo indica a que se tratou dun descoido", xa que o vehículo circulaba en sentido contrario e finalizou mergullado a uns sete metros de profundidade.

Foron as chamadas de diversos particulares que puxeron en alerta aos xestores do 112. Segundo o relato das testemuñas do accidente, un turismo precipitouse ao mar e cabía a posibilidade de que estivese ocupado.

De inmediato, púxose en marcha un operativo que contou coa intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo, dos membros do GES de Ponteceso, dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Finalmente, un mergullador do concello efectuou o rescate dos ocupantes do vehículo, pero, desafortunadamente, ambos resultaron falecidos. Os equipos de emerxencia traballaron para garantir as condicións de seguridade necesarias para efectuar a recuperación do turismo afundido e, posteriormente, realizaron a limpeza e recuperación dos danos causados na zona a causa do accidente.

Ademais, por parte do 112 Galicia tamén se puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo.

Ao lugar o 061 enviou dúas ambulancias asistenciais de soporte vital básico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e persoal sanitario da PAC de Carballo para atender a dous pacientes, que faleceron no punto, un home de 48 anos, J.P.V., e outro de 41, A.P.V., confirmaron fontes sanitarias.

Porto de Malpica. EUROPA PRESS - Arquivo
Porto de Malpica. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta