Moncloa lémbralle ás autonomías do PP que a restrición á mobilidade é "de obrigado cumprimento"

A orde fixa un prazo máximo de 48 horas para adoptar as medidas naquelas comunidades autónomas con municipios afectados.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 01/10/2020 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

Moncloa explicou que o Acordo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde sobre a Declaración de Actuacións Coordinadas en Saúde Pública que sae publicado este xoves no Boletín de Oficial do Estado é "de obrigado cumprimento" mesmo para as comunidades autónomas que votaron "en contra", como foi o caso de Galicia.

En concreto, o BOE recolle a orde que fai efectivas as restricións de mobilidade aprobadas pola maioría das Comunidades no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), que obriga ao Goberno autonómico de Madrid a aplicalas e restrinxir as saídas e entradas á cidade de Madrid e outros municipios madrileños que cumpren os criterios fixados.

Desde o Executivo insistiuse en que a obrigatoriedade do acordo vén marcada polo informe da Avogacía do Estado, que establece que a norma aplicable nas votacións do CISN é o artigo 151 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público, que regula esta cuestión para todas as Conferencias Sectoriais.

"Esta lei sinala que os acordos obrigarán a todas as comunidades autónomas, aínda que voten en contra, se o Estado exerce competencias de coordinación, como é o caso", lembraron, para despois sinalar que, ademais, esta lei "derroga todo aquilo que resulte incompatible con ela".

As medidas que publicou este xoves o BOE e que foron aprobadas de "forma colexiada" no CISN, co voto favorable de 13 autonomías, restrinxirán a mobilidade nos municipios de máis de 100.000 habitantes con máis de 500 casos de Covid-19 nos últimos 14 días.

Así mesmo, o municipio terá que presentar unha porcentaxe de positividade nos resultados das probas diagnósticas de infección activa por COVID-19 realizadas nas dúas semanas previas superior ao 10%. Ademais, a comunidade autónoma á que pertenza o municipio deberá ter unha ocupación de camas por pacientes en unidades de coidados intensivos superior ao 35% da dotación habitual.

Se concorren este tres circunstancias, a mobilidade quedará restrinxida salvo para a asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios, para o cumprimento de obrigacións laborais, profesionais, empresariais ou legais e para a asistencia a ce

Rolda de prensa de Salvador Illa. Moncloa
Rolda de prensa de Salvador Illa. Moncloa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta