Feijóo desafía a Sánchez: "Quen xestiona a pandemia somos nós...cuns criterios máis sólidos e meticulosos"

O presidente da Xunta critica duramente ao Goberno central por tentar impoñer a decisión de pechar cidades de máis de 100.000 habitantes con máis de 500 casos. "Nós non actuamos por criterios políticos, senón epidemiolóxicos", asegura defendendo as decisións do Sergas no seus comité de expertos.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 01/10/2020 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

A xestión da pandemia en Galicia non ten nada que ver coa do resto do Estado. De feito, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, está convencido de que as cousas estanse facendo moito mellor aquí e, especialmente, moito mellor do que o fai o Goberno do Estado. Por iso, rexeitou a proposta do Ministerio de Sanidad para restrinxir a mobilidade nos municipios de máis de 100.000 habitantes con máis de 500 casos de COVID-19, como fixeron varias autonomías do PP e Cataluña. "Non foi unha decisión de partido, senón miña como presidente de Galicia", dixo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello da Xunta do 1 de outubro. DAVID CABEZÓN
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello da Xunta do 1 de outubro. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA

"Os criterios do Ministerio de Sanidad son insuficientes, pouco traballados e improvisados", dixo para explicar a postura contraria da Xunta a proposta do Goberno central, unha iniciativa que apoiaron a maior parte das autonomías, incluída Castela e León, do PP. "Nós temos uns criterios máis sólicos, máis meticulosos e epidemiolóxicamente moito máis incuestionables", insistiu.

Por iso, quixo deixar claro que a súa non é unha postura de partido, nin de apoio á presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, senón unha decisión como presidente da Xunta. "Non hai vinculación ao partido na miña decisión. Eu respondo ante Galicia", suliñou.

"O GOBERNO DE ESPAÑA FAI O QUE FAI"

"Que non se mire isto como unha discusión política, senón como unha aportación porque somos nós os que estamos xestionando unha pandemia, non o Goberno de España. Xestionamola nós. O Goberno de España fai o que fai. E por iso necesitamos ferramentas xuríricas para xestionala con eficacia", apuntou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Con todo, sinalou que Galicia "acata" a orde do Ministerio de Sanidade contra a que votou o pasado mércores no consello interterritorial pois considera que os criterios que marca para pechar unha localidade son "improvisados", "incompletos" e foron "deseñados" para unha comunidade concreta, en referencia a Madrid, debido á "tensión bilateral" que manteñen os gobernos central e autonómico.

CRÍTERIOS PROPIOS

Así, avanzou que Galicia se guiará polos criterios do seu propio comité clínico, que cre "máis completos" que unha orde que espera non ter que aplicar dado que "ningunha" cidade da comunidade "nin de menos nin de máis" de 100.000 habitantes achégase ao tres parámetros que marca Sanidade para elevar as restricións.

"Galicia sempre acatou todas as normas de obrigado cumprimento. Pódese estar ou non de acordo, pero sempre as acatará mentres esa norma estea en vigor", sinalou Núñez Feijóo, moi crítico cunha orde que cre froito da "tensión bilateral" que manteñen Goberno e Madrid, e que establece criterios que cualificou de "incompletos", "pouco traballados", "improvisados" e, mesmo, "brutáns", pois, segundo o presidente, "non miden de forma específica e concreta o problema".

Por iso, insistiu en que os criterios do Sergas e do seu comité de expertos son moito máis "meticulosos" porque conxugan os datos de ata 10 parámetros cos seus correspondentes indicadores, que se teñen en conta para a toma de decisións e de medidas restritivas nos diferentes municipios. Unha liña de traballo que segue, dixo, "os mesmos criterios" tanto para municipios pequenos como para os grandes núcleos de poboación, incluídos aqueles de máis de 100.000 habitantes.

Feijóo censurou que o Ministerio deixa de lado indicadores como a vulnerabilidade, a porcentaxe de positivos sobre cuarentenados, a presión hospitalaria ou a situación das urxencias Tamén destacou que non é o mesmo un foco grande que varios pequenos. "Un gromo grande focalizado é moito menos grave que gromos orfos máis pequenos. Se temos un foco nunha granxa avícola é grande pero sabemos que está aí, pero se temos 50 persoas contaxiadas sen coñecer a orixe da infeción pois nos preocupa moito máis", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Xen Tu Za

O prestidixitador estivo clamando por unhas normas comúns e agora que has hai..., xa se lle ve o plumeiro.

2 Gamela

Temos unha pregunta para o ForoLaToja pero non temos opotunidade da facerlla chegar aos sabios que alí están reunidos ! https://twitter.com/00Gamela/status... Saúde !

1 mlon

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, considerou positivo que o Goberno expuxese a implantación de criterios homoxéneos en todo o territorio nacional para impor medidas de prevención da covid-19 en cidades de máis de 100.000 habitantes, aínda que asegurou que "os parámetros que se están dando" son "para situacións moito máis graves das que, afortunadamente, están a darse a día de hoxe en Galicia". http://www.galiciaconfidencial.com/...