Ciudadanos considera un "despropósito" que os alumnos pasen de curso "sen límite de suspensos"

"Non podemos asumir que a xestión de algo tan importante como a educación se faga a golpe de decretazo", di Beatriz Pino.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/10/2020 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A coordinadora de Cs Galicia, Beatriz Pino, rexeitou a proposta do Ministerio de Educación de deixar esta decisión en mans das comunidades autónomas que os alumnos pasen de curso "sen límite de suspensos", unha medida que se adoptou sen consenso previo e que supón un "despropósito".

Beatriz Pino
Beatriz Pino | Fonte: Ciudadanos.

"Non podemos asumir que a xestión de algo tan importante como a educación se faga a golpe de decretazo, e máis aínda, cando falamos dunha decisión tomada desde un goberno que acusa unha grave falta de calidade institucional", considerou, nun momento no que "é un clamor que a comunidade educativa está a pedir consenso nos temas esenciais.

A responsable da formación laranxa expresou o seu malestar e preocupación tras o anuncio do Ministerio de Educación co que, dixo, "quérese encubrir cun aprobado xeral o seu fracaso á hora de afrontar o curso escolar condicionado pola COVID".

"É unha forma de camuflar as cifras negativas que enviamos a Europa. Haberá cifras de máis aprobados e menos abandono escolar, pero todo estará sobre o papel e será ficticio".

Pino defendeu que "a flexibilidade curricular" demandada por Cs "é un instrumento suficiente para adaptar as esixencias aos alumnos a esta situación excepcional", e mostrouse tallante ante o perigo deste tipo de medidas.

"Estamos a falar de algo tan importante e grave como é baixar o nivel de preparación e formación das nosas xeracións futuras. Os nosos nenos serán os nosos futuros empresarios, políticos e líderes, aqueles que estarán á fronte, e tirarán da nosa sociedade e da nosa economía. Non é ningunha broma, non se pode xogar co noso futuro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta