Ourense afronta un pleno no que o PSOE tentará sumar apoios a unha moción de censura

O alcalde e dous concelleiros repártense actualmente as 12 áreas de goberno.

Por E.P. | Ourense | 01/10/2020 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense celebra este venres un pleno ordinario no que se porá en coñecemento o nomeamento do tenente de alcalde e membro da xunta de goberno local, Armando Ojea Bouzo, así como o resto de membros da xunta de goberno.

Xunta de goberno local do Concello de Ourense co alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e dous edís
Xunta de goberno local do Concello de Ourense co alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e dous edís | Fonte: Concello.

Do mesmo xeito farase constar as renuncias vividas no Concello por parte do anterior tenente alcalde, a presidencia do Consello Municipal de Deportes, a Presidencia de Comisión do Pleno e a Presidencia da Comisión Especial de Contas, entre outras.

É por iso que Ourense afrota un pleno que podería abrir a porta a unha moción de censura, xa que actualmente está gobernada unicamente polo alcalde e dous concelleiros, dividíndose entre eles as 12 áreas.

Así pois, o PSOE xa indicou que de cara ao pleno de mañá "impulsarán unha iniciativa para desbloquear un desgoberno de tres, o alcalde e dous concelleiros, sen experiencia de goberno e integrados nunha formación baixo sospeita".

A esta iniciativa que exporán mañá, o partido socialista convida o resto de grupos a participar "en vía de diálogo" para "desbloquear esta situación de parálise", buscando construír "un goberno municipal representativo do sentir maioritario da cidade que dea resposta ás necesidades dos veciños de forma estable e responsable, tal e como a cidade merécese".

Á proposta socialista contra o "desgoberno de tres" engádese ademais, outro dos puntos que se tratarán mañá no pleno. En concreto, trátase do escrito presentado polos concelleiros María Teresa Rodríguez Garrido, José Miguel Caride Domínguez, Manuel Álvarez Fernández e María del Mar Fernández acordando a expulsión de Gonzalo Pérez Jácome do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, o actual partido de goberno en minoría.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta