Outro accidente dun tractor provoca dous feridos en Malpica

O vehículo ciruclaba sen sinalización o que puido motivar que unha furgoneta chocara contra el.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2020 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

Unha persoa foi excarcerada polos servizos de emerxencia na noite deste xoves despois que a furgoneta na que viaxaba chocase contra un tractor no concello coruñés de Malpica de Bergantiños. Finalmente dous homes foron evacuados a un centro hospitalario.

Segundo informou o 112 Galicia, este sinistro tivo lugar no lugar de Filgueira e os dous ocupantes do vehículo de transporte de mercadorías foron evacuados a un centro hospitalario.

Os feitos sucederon sobre as 22,30 horas deste xoves na estrada que une as localidades de Buño e Malpica. O condutor da furgoneta chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda despois de chocar contra un vehículo agrícola.

Segundo a información facilitada aos xestores do 112 polo alertante, o accidente puido producirse debido a que o tractor circulaba sen sinalización, "o que dificultaba a súa visibilidade", indicaron as mesmas fontes.

Ao momento o 061 enviou dúas ambulancias de soporte vital básico que trasladaron ao Hospital A Coruña aos homes L.M.B.D., de 43 anos, e M.H.S.R., de 48, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias. Ademais, para garantir as condicións de seguridade na vía, o 112 solicitou tamén a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Tractor
Tractor | Fonte: GUARDIA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta