Santiago nota "redución" dos botellóns e rexistra unha "certa estabilización"

Bugallo destaca que a vindeira semana será "máis perigosa" debido á ponte.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2020 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago rexistra unha "certa estabilización" dos casos positivos de coronavirus, tras unha semana que "non foi mal" e que, polo momento, sitúa o dato "lixeiramente" por baixo do que había facía sete días.

Diso informou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa antes de apelar a "manter a presión" fronte ás festas e botellóns en pisos, despois de detectar unha redución que situou en torno ao 50% nunha semana.

En concreto, apuntou que do xoves ao venres da semana pasada foron 28 as denuncias por festas en pisos e deste xoves a venres, 10. Unha redución "significativa aínda que non suficiente", nas súas palabras, "pendente" do que ocorre este fin de semana. Ademais, asegurou que "todas" as denuncias son "tramitadas e sancionadas" e indicou que 200 euros de multa é o que establece a ordenanza municipal a estes efectos.

En calquera caso, Bugallo asegurou estar ante a semana "máis perigosa", a que vén, debido á ponte. Por iso é polo que chamase a "manter a presión", pois "se se consegue" unha contención dos contagios iso "abriría paso" a unha "flexibilización" das restricións ou polo menos a "evitar medidas adicionais".

Botellón
Botellón | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta