Pontón carga contra o Foro de la Toja por ser "carca" e "unha falta de respecto ós galegos"

Critica a Feijóo e Sánchez por "avalar" un foto que "deturpa a toponimia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2020 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou este venres o 'Foro la Toja', que se celebra na illa grovense estes días, coa participación de expresidentes de Goberno, representantes do mundo da empresa ou das finanzas, entre outros, como "algo bastante carca e anacrónico", que "deturpa a toponimia" e que non conta con mulleres entre os seus relatores.

Así o manifestou Pontón, en resposta a preguntas dos medios durante un almorzo informativo celebrado en Vigo. A líder nacionalista sinalou que "chama a atención" que tanto o presidente Feijóo como Sánchez "avalen un foro que incumpre no seu nome o que está establecido nunha lei e que é unha falta de respecto á identidade galega".

"A Toja non existe desde hai moitos anos e esas concepcións, esa maneira de deturpar a toponimia é unha falta de respecto aos galegos, e gustaríame que o presidente da Xunta e o presidente do Estado non formasen parte dese agravio", engadiu.

Por outra banda, tamén sinalou que "chama poderosamente a atención que se poida organizar un foro onde non hai ningunha muller". "Non creo que o futuro e as reflexións que se poidan facer sobre como orientar o país vaian saír dese foro, con todos os meus respectos", recalcou e apostilou: "Gustaríame que se respecte aos galegos e a lei nun foro desas características, e que non se discrimine ás mulleres".

FEIJÓO "Ao SERVIZO DO TÁNDEM AYUSO-CASADO"

Ana Pontón tamén se referiu, a preguntas dos xornalistas, ao conflito entre o Goberno e a Comunidade de Madrid a conta da xestión da pandemia de coronavirus, e proclamou que o que sucede na comunidade madrileña é "a expresión máxima da irresponsabilidade coa que o PP afronta unha crise sanitaria".

Así, lamentou que o goberno madrileño "pon por diante unha décima do PIB, por encima das persoas", e constatou que "detrás disto hai unha confrontación estéril entre PP e PSOE". "Sorprende qe Feijóo únase a esta estratexia disparatada e póñase ao servizo do tándem Ayuso-Casado", aseverou, á vez que cualificou ao presidente galego como "espadachín" da súa homóloga madrileña e do responsable do PP nacional.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, coas deputadas Alexandra Fernández e Carmela González, e o edil Xabier P. Igrexas, nun almorzo informativo en Vigo.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, coas deputadas Alexandra Fernández e Carmela González, e o edil Xabier P. Igrexas, nun almorzo informativo en Vigo. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 nostrus

Falta de respeto a los gallegos es que los topónimos sean "exclusivamente" oficiales en gallego habiendo en Galicia dos lenguas oficiales, una desde hace unas décadas y otra desde hace siglos. Cuando A Toxa no era oficial los bloqueros la mencionaban, tal vez por afán reivindicativo, pues lo mismo debemos hacer ahora por el mismo afán y por más respeto aún.

5 Gamela

Se os galegos entráramos a participar no Foro en lugar de criticalo dende fora igual aproveitaríamos unha oportunidade de FUTURO ! Pero mentras sigamos instalados na vella política non parece que a cousa teña solución (?) https://twitter.com/00Gamela/status... Imaxino un mundo no que a meirande parte dos galegos entraran no salón do Foro da Toxa a facer as preguntas que verdadeiramente nos interesan a todos e puxeramos na Axenda política algunha solución de interés para a xente común ! Ou tampouco se pode facer (?)

4 Gamela

Corrección de erros, lin "caca" e non "carca" (para o caso é o mesmo!) Abur

3 Gamela

Cando o sabio sinala a lúa, a necia sempre mira o dedo ! Xa está ben de querer saír nas redes sociais día sí e día tamén... como a Carmela Silva falando de que a ela non a invitaron a falar no ForoLaTeja2020 / A Toxa seguirá aí para que tanto o PSOE como o BNG disfruten das súas habitacións e do seu balneario cando lles pete... (por cartos non vai ser) Pero cando sexan quen de montar un FORO de CALIDADE e retransmitilo en directo pola TVG2 (mesmo con tradución simultánea) LOGO FALAMOS DE "CACA" !!! Por favor, é que non teñen "puta idea" de escoitar e aprender algo neste mundo ? O que diga Nestor Rego e punto pelota, non si ? Amén

2 Rui do

Pontona, una profesional de la política, que no conoce otro oficio que el de la consigna y el compendio de todas las más cutres vulgaridades de la telebasura. Y se seguirá forrando mientras que los gallegos permitamos a nuestros políticos mantener la poltrona sin oficio y con emolumentos cinco veces superiores a los del ciudadano medio.

1 Sentidiño

Frijolito, ou faba pequena, un profesional da política, que non coñece outro oficio que o da política en 35 anos... xefe do insalud, xefe de correos, sempre xefe a dedo polo dedo de Romay Beccaría. Frijolito seguirá a forrarse mentres os galegos lle permitamos a poltrona "sin oficio y con emolumentos nueve veces superiores a los del ciudadano medio".

2 Sentidiño

O goberno non goberna, pero a culpa é da oposición: Ayuso en Madrid, Bolsonaro en Brasil, Trump nos eeuu,... Feixóo en Galicia. Incompetentes, cando non miserábeis.