Os centros educativos de Ourense, os máis castigados pola COVID-19 con máis dun cuarto dos positivos

O gromos do CEIP As Mercedes segue en aumento e o sistema educativo suma 361 contaxios en toda Galicia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/10/2020 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

A evolución epidemiolóxica na provincia de Ourense reflíctese á súa vez nos centros educativos. Nun contexto xeral no que Galicia suma cada día novos casos nas instalacións do sistema educativo, as escolas e gardarías da área de influencia da cidade das Burgas acumulan, con 92 contaxios, máis dun cuarto dos positivos de COVID-19 de todo o territorio galego.

Estudantes de bacharelato minutos antes de entrar ás instalacións
Estudantes de bacharelato minutos antes de entrar ás instalacións | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Os centros e gardarías galegas contan este venres cun total de 361 casos positivos en activo, polo menos once máis que a xornada anterior, e que obrigan a manter 32 aulas pechadas nestas instalacións.

O CEIP ourensán das Mercedes, que rexistra o gromo máis importante ata o momento desde o arranque do curso, segue incrementándose e xa se detectaron 12 positivos, nove deles nunha mesma clase que xa foi clausurada.

No mesmo municipio, o CPR Plurilingüe Santo Ángel conta á súa vez con cinco contaxios confirmados e unha unidade pechada, o mesmo número que no IES O Ribeiro do municipio de Ribadavia.

A área da Coruña é, xunto á de Ourense, das que rexistra máis incidencia de todo o territorio galego, con 67 contaxios, entre os que destaca o CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha, con seis positivos.

Santiago e Pontevedra contan con 50 positivos, respectivamente. Nesta última zona, o caso máis preocupante dáse no Mosteiro de Meis, que suma xa cinco positivos e unha aula pechada.

Tamén é destacable a situación na área de Vigo, que a pesar de non ser a que conta con máis incidencia, 46 contaxios detectados, si rexistra o maior número de unidades clausuradas (15), case a metade das que están pechadas en toda Galicia.

NOVOS CENTROS CON CONTAGIOS

As autoridades sanitarias tamén detectaron positivos por COVID-19 en novos centros e gardarías da Coruña, Pontedeume, Ames, Noia, Rianxo, Ribeira, Santiego, Ourense e Toén.

En concreto, na escola infantil Escolas Populares Gratuítas da Coruña, que pechou unha das súas aulas; o CPR Luís Vives de Pontedeume, o CEP Plurilingüe de Ventín, en Ames; o CPR Plurilingüe María Assumpta de Noia; e o IES Félix Muriel de Rianxo, con dous contaxios.

O resto localizáronse no CPR Plurilingüe Galaxia de Ribeira; o CPR Plurilingüe La Salle de Santiago, con dous casos; o IES Eduardo Blanco Amor en Ourense e o CEOP Saco e Arce en Toén.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta