Aprobada unha moción para "desbloquear" o Concello de Ourense cos votos de PP, Cs e os críticos de DO

As tres forzas iniciarían contactos para o "desbloqueo" logo de presentar unha enmenda de substitución á moción que defendía o PSOE local.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2020 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

O PP, co apoio de Ciudadanos e os edís díscolos de Democracia Ourensana, sacou adiante unha moción no pleno de Ourense na que se apelaba a iniciar os contactos para "desbloquear" o goberno da cidade.

O texto aprobado foi unha emenda de substitución á moción defendida polo PSOE e coa que pretendía encabezar os contactos para explorar un goberno alternativo ao do actual rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, que só conta co respaldo de tres edís na corporación. A moción foi debatida no pleno ordinario do concello da cidade celebrado este venres.

O portavoz socialista, Rafael Rodríguez Villarino, realizou un balance sobre o estado do goberno ourensán ata a actualidade, entre as disputas internas de Democracia Ourensana e as discrepancias co Partido Popular que carrexaron a renuncia de todos os concelleiros deste partido.

Villarino apelaba a iniciar os contactos para desbloquear o municipio e dotalo dun goberno que "sexa representativo do sentir maioritario da cidadanía".

Ante esta proposta, o Partido Popular presentou unha emenda de substitución na que eliminaban esta última frase e aludían a ser eles os que iniciasen este diálogo, expondo os mesmos motivos que na moción do PSdeG pero deixando sen alusións ao "desgoberno" e manténdose unicamente na necesidade dun goberno serio e eficiente "que teña alturas de miras".

Segundo expuxo a portavoz popular Flora Moure, o obxectivo é "manter un diálogo aberto" a pesar de "sufrir" un bloqueo "durante catro anos de goberno".

O representante do BNG, Luís Seara, manifestou que era unha moción "prescindible" porque "a acordo se chega sen unha iniciativa no pleno", con reunións de todos os portavoces. Por iso lamentou que o BNG fose excluído da última mesa de diálogo entre partidos da oposición.

"Entendemos que debe gobernar a lista máis votada nas eleccións municipais", sinalou, que insistindo en que "quen se colgue a medalla é o de menos". "O importante é chegar canto antes a un acordo serio pero o PP non é a solución porque foi parte do problema".

"ESTRAGOUSE"

Na mesma liña, o portavoz de Ciudadanos, José Araújo, tachou de "fantasía" de Jácome a posibilidade de gobernar a cidade de 106.000 "cun concelleiro fiel e outro, Telmo Ucha, que se mantén como non adscrito porque non se fía del". Araújo aproveitou a súa quenda para pedir desculpas ao BNG por non convidalos á mesa de diálogo e xustificou a súa decisión porque "o importante era lograr sentar aos dous partidos que agora mesmo teñen a tixola polo mango" (PP e PSOE).

"Sabemos cal é o problema, Gonzalo Pérez Jácome, así que, xuntémonos todos os portavoces, excluíndo a Jácome e falemos da moción de censura, deamos resposta aos veciños", engadiu. Villarino mostrouse "disposto a dialogar", e insistiu en que "Non ten sentido bloquear unha moción na que se está de acordo".

Finalmente, a moción de substitución do Partido Popular foi aprobada coa abstención do BNG e o apoio de Ciudadanos e os edís díscolos de Democracia Ourensana, polo que a orixinal do Partido Socialista non chegou a ser sometida a votación. "Entón nada, señor Villarino, estragouse", sinalou o alcalde Pérez Jácome en alusión ao portavoz socialista.

Xunta de goberno local do Concello de Ourense co alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e dous edís. CONCELLO DE OURENSE
Xunta de goberno local do Concello de Ourense co alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e dous edís. CONCELLO DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta