Temas: TEMPORAL

A alerta por temporal continúa este sábado en todo o litoral galego

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/10/2020 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

O litoral galego seguirá en alerta este sábado por un temporal que afectará a costa da Coruña, Lugo e Pontevedra.

En concreto, persistirán ventos fortes na Mariña e en todo o litoral con ondas superiores aos cinco metros, que irán baixando en intensidade ao longo do día.

O aviso de nivel laranxa por ondas seguirá desde a madrugada ata 12,00 horas no noroeste da Coruña, A Costa da Morte e na costa de Lugo.

Así mesmo, haberá alerta de nivel amarelo que deixará ventos do noroeste de forza 7 no litoral da Mariña.

Temporal costeiro en Valdoviño
Temporal costeiro en Valdoviño | Fonte: Elisa Piñón - Europa Press.

Temas: TEMPORAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta