Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/10/2020 | Actualizada ás 20:03
Dous novos falecementos confirmados en hospitais galegos este venres elevaron o cómputo de vítimas da COVID-19 a un total de 751, tras confirmarse tamén este venres a morte doutras dúas persoas.
En concreto, trátase dun home de 75 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Ourense e unha muller de 82 anos que permanecía no Complexo Hospitarlaio Universitario de Pontevedra, ambos con patoloxías previas.
Estes casos súmanse a outras dúas mortes por coronavirus rexistradas esta xornada: unha muller de 90 anos con patoloxías previas no Fogar Residencial O Piñeiral de Culleredo e un home de 72 anos de Nosa Señora do Viso de Lobeira.
O número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascendeu a 130. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.