A Xunta non descarta unha suspensión da actvidade docente en Ourense

Román Rodríguez, sobre esta posibilidade: "Estamos en mans das autoridades sanitarias".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2020 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, advertiu este sábado do contexto sanitario "tan complicado e complexo" que vive a comunidade galega, e no que actualmente Ourense se sitúa como un dos principais focos de atención do Goberno da Xunta.

O titular de Sanidade, Julio García Comesaña, e os responsables do subcomité clínico de expertos advertían o venres a súa preocupación pola evolución do coronavirus no municipio e que, aínda que confían en que o endurecemento das medidas e as limitacións de encontros funcionen, non descartan un confinamento perimetral para conter o número de contaxios.

É por iso que, neste escenario, tamén se atopa un hipotético peche de centros ou suspensión da presencialidade educativa nesta zona, unha decisión que dependerá totalmente do que "as autoridades sanitarias expoñen e recomenden".

"Estamos en mans das autoridades sanitarias en calquera tipo de decisións", insistiu Rodríguez a preguntas dos medios, quen advertiu de que este tipo de medidas dependen de directrices "puramente sanitarias" e, por iso, terán que adoptarse desde este ámbito.

"Obviamente esperemos non chegar a esta situación", considerou, para lembrar que nese hipotético escenario a Xunta conta xa cun plan de continxencia cunha serie de accións e medidas de reforzo formativo e de equipos e dotacións para o ensino telemático, que confía en "que non sexa necesario activar e que a cidade poida saír desta situación".

Román Rodríguez. Xunta de Galicia
Román Rodríguez. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta