Dous ciclistas feridos, un grave, tras sendos accidentes en Noia e Vilgarcía

Os dous foron trasladados a hospitais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2020 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Un ciclista sufriu lesións importantes por mor dun choque cun turismo no municipio de Noia, segundo informan o servizo de Emerxencias do 112.

Un particular alertou este mediodía dun accidente en Taramancos, parroquia de Boa. Efectivos da Garda Civil de Tráfico insistiron na necesidade de atención médica urxente, debido á gravidade do estado do ferido.

Posteriormente, profesionais do 061 evacuaron á vítima ao Hospital Clínico de Santiago. Tamén acudiron os axentes da Policía Local e os efectivos do Servizo Local de Protección Civil de Noia.

En Vilagarcía, outro ciclista foi evacuado despois de sufrir unha caída na zona portuaria, sobre as 12,00 horas. O 061 trasladou en ambulancia ao ferido cara ao hospital de referencia.

Ciclista ferido
Ciclista ferido | Fonte: Guardia Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta