Ourense, ao bordo dun novo confinamento tras achegarse aos 500 casos por cada 100.000

Jácome pide extremar as precaucións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2020 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, González Pérez Jácome, advertiu que a cidade se atopa "ao bordo" do confinamento co número de casos activos aproximándose aos 500 por cada 100.000, polo que instou aos veciños a extremar as precaucións para tratar de controlar a situación.

"Hai que ser máis papistas que o papa, extremar as precaucións, cumprir as medidas que marca Sanidade e, se podemos, ir máis aló e extremar a vixilancia aínda máis", sinalou nun comunicado remitido aos medios este domingo.

O rexedor sinalou que segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade ao concello, o municipio ten nestes momentos 459 casos de coronavirus activos, unha situación "terriblemente preocupante" que sitúa a Ourense "ao bordo dun confinamento da cidade".

A ourensá é desde o sábado a área sanitaria galega con maior número de casos activos --este domingo sitúanse preto dos 1.000-- e na cidade existe desde o xoves a prohibición de reunións para as persoas non convivientes.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta