Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2020 | Actualizada ás 14:05
A Garda Civil investiga o accidente de circulación rexistrado na madrugada do sábado na parroquia de Marrozos, en Santiago, no que faleceu un home e outro resulto ferido.
Segundo fontes da investigación consultadas por Europa Press, o suposto condutor dun terceiro vehículo implicado no sinistro presentouse voluntariamente no cuartel da Garda Civil na tarde do sábado tras un chamado nas redes sociais dos familiares do falecido.
Con todo, estas fontes precisan que, á espera de que avancen as pescudas e se poida coñecer a súa implicación nos feitos, esta persoa non foi detida nin figura formalmente como investigada.
O sinistro tivo lugar ao fío das 01,30 horas da madrugada en Marrozos, nos arredores da cidade de Santiago. A consecuencia do impacto frontolateral de dous coches, un dos condutores perdeu a vida, mentres que o outro resultou ferido e tivo que ser evacuado de urxencia ao Hospital Clínico de Santiago.
Ao longo da xornada do sábado, os familiares e achegados da persoa ferida solicitaron axuda en redes sociais para localizar ao condutor dun terceiro coche que supostamente tivo responsabilidade no accidente. Na tarde do sábado, unha persoa que reclamou ser o condutor do terceiro vehículo implicado presentouse voluntariamente no cuartel da Garda Civil en Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.