A Xunta competirá co Goberno central cunha nova aplicación de rastreo da covid

Sanidade "traballa de forma adecuada" en informar dos casos aos propios concellos, logo de que determinados medios informen puntualmente de contaxios por localidades.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/10/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou que a Xunta presentará a súa propia aplicación para rastrear a covid. Chamarase 'Pass Covid' e buscará "complementar" a do Ministerio, a Radar Covid.

Pantallazo app Radar Covid. EUROPOA PRESS
Pantallazo app Radar Covid. EUROPOA PRESS

"Presentarase en próximos días" co obxectivo de que entre en vigor "en breve, en días ou semanas", dixo nunha entrevista na RG. Tamén asegurou que a consellería traballa "nunha solución" que permita achegar aos concellos "información de forma adecuada" sobre os datos da pandemia en cada un deles, despois das últimas peticións lanzadas pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Datos que, curiosamente, son publicados diariamente en determinados medios de comunicación afíns ao Goberno da Xunta sen que cheguen aos propios concellos.

Iso si, o conselleiro aseverou que "nunca" darán nomes e apelidos dos veciños infectados --só aos sanitarios--, aínda que as autoridades municipais teñan "a mellor intención" de axudarlles.

NOVAS PROBAS

Por outra banda, anunciou que "agora" parece "oportuno", coincidindo co curso escolar e a chegada do inverno, realizar "outro cribado" aos profesionais do Sergas a través de test de dobre banda. Tampouco descarta facer outro estudo de seroprevalencia para coñecer a exposición da poboación galega ao coronavirus.

Así mesmo, García Comesaña avanza que o test de saliva que "desde hai meses" se aplica na área sanitaria de Vigo --da que el mesmo era xerente-- estenderanse " a outras áreas" e realizaranse aos 15.000 traballadores de residencias sociosanitarias da Comunidade.

.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Ana

¿E se viven so duas persoas nunha aldea tamen garanten a confidencialidade?. En fin, so falta o chip, que nos obriguen a camiñar a catro patas e unha camara en cada domicilio. Con unha poboacion sumisa poden facer o que queiran. Mentras, en Suecia seguen na antigua normalidade, sen bozal, sen confinamento e sen ruina economica.

1 Sentidiño

A taxa de Suecia a 1 de outubro é de 906,46 casos por 100.000 habitantes. Ese é o modelo sueco.