Dúas novas mortes con covid-19 elevan a 757 as vítimas da pandemia en Galicia

Durante este domingo faleceron xa tres persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2020 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

Dúas novas mortes con covid-19 confirmadas en hospitais galegos este domingo elevaron o cómputo de vítimas da pandemia en Galicia a un total de 757. En concreto, trátase de dúas mulleres de 96 e 90 anos idade que permenacían ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Segundo informa a Consellería de Sanidade, ambas tiñan patoloxías previas e eran usuarias da residencia de maiores As Salinas, en Ourense. Estes dous decesos súmanse a outro falecemento notificado este domingo polas autoridades sanitarias, que informaron da morte no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol dunha muller de 83 anos diagnosticada con covid.

O número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascendeu a 136. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Tres mulleres na porta da residencia de anciáns do Incio, en Lugo (España). Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Tres mulleres na porta da residencia de anciáns do Incio, en Lugo (España). Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta