A creación de empresas cae un 5,3% en setembro en Galicia, segundo o IGE

O pasado mes creáronse 251 sociedades mercantís.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2020 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

A constitución de novas empresas reduciuse un 5,28% en setembro en Galicia en relación co mesmo mes do ano anterior, ata situar o total en 251 sociedades mercantís, segundo o boletín oficial do rexistro mercantil que publica este luns o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Así, foron oito creacións menos que en agosto e 14 menos que en igual período de 2019. O capital medio subscrito por estas novas empresas ascendeu a 49.279,31 euros por sociedade. Ampliaron capital social 92 sociedades mercantís (tres menos que 12 meses atrás), por un valor superior aos 18 millóns de euros.

Como en meses precedentes, as provincias de Pontevedra e A Coruña rexistraron o maior número de constitucións, co 47,01% e o 35,06%, respectivamente. A Lugo correspóndelle o 9,16% e o 8,76% restante, a Ourense.

Case todas as empresas creadas adoptaron a forma de sociedades de responsabilidade limitada e o capital medio subscrito por este tipo de compañía foi de 50.488,46 euros. O 22,31% das firmas pertencen á rama do comercio e séguenlle en relevancia a hostalaría (14,34%), actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (13,94%).

A presenza de homes segue sendo maioritaria, con 246 socios (o 73% do total) fronte a 91 socias (27%). Ademais, adoitan estar compostas por un reducido número de socios, limitado nunha porcentaxe elevada a unha soa persoa (o 69,32% das sociedades constituídas en setembro).

O presidente da Xunta e candidato á reelección, Alberto Núñez Feijóo, xunto á presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, Patricia García.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS
O presidente da Xunta e candidato á reelección, Alberto Núñez Feijóo, xunto á presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, Patricia García.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta