Dúas persoas mortas en 51 accidentes de tráfico esta fin de semana

Houbo 60 feridos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2020 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a 62 persoas debido a 51 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega, das que dúas morreron.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 2 de outubro e as 23,59 horas do domingo 4 un total de 72 chamadas en relación con accidentes de tráfico. A xornada con máis incidentes foi a do domingo, con 23.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 63. En concreto, as ambulancias realizaron 57 saídas; o helicóptero medicalizado acudiu a dous sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en catro accidentes.

En 49 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións recibiron atención no lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto do sinistro. A proporción de homes atendida ascendeu ao 66 por cento e a de mulleres reduciuse ao 34%. En canto ás idades dos asistidos, o 39% tiña entre os 25 e 34 anos.

Por provincias, a da Coruña, con 24 accidentes, foi a que rexistrou o maior número durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con 20; Lugo, catro; e Ourense, tres.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta