Abel Caballero: "¿Por que Feijóo non copia a Portugal e aprende un pouquiño a xestionar a pandemia?"

O PsdeG denuncia a "opacidade" da Xunta sobre os datos e volve esixir que se informe a concellos. Abel Caballero fala de "neglixencia" da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2020 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu a denunciar a "opacidade" e "falta de transparencia" do Goberno da Xunta en relación aos datos de contagios da covid-19 en Galicia e volveu a esixir que se informe aos concellos. 

O presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero. CONCELLO DE VIGO
O presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero. CONCELLO DE VIGO

Así o reclamou nunha rolda de prensa ofrecida este luns na Cámara galega, na que citou o caso de Ourense para soster que "a falta de información" fai que "dun día para outro" os cidadáns se atopen con "medidas de alta restrición".

"Temos que esixir que se de información pormenorizada con todos os datos para que todas as autoridades poidan traballar contra a pandemia", manifestou Gonzalo Caballero, que criticou que haxa que esperar pola "declaración do conselleiro de quenda" para obter información sobre datos que deberían ser públicos.

Todo iso nunha intervención na que tamén criticou a posición mantida pola Xunta no Consello Interterritorial de Saúde da pasada semana, un encontro no que, conforme censurou, Feijóo "preferiu porse en contra do Goberno de España para defender a Ayuso" que "implicarse en tomar medidas de loita contra a covid".

"Os galegos queremos ter un goberno de Galicia que priorice a defensa da saúde, para que se tomen todas as medidas de precaución e prudencia que garantan a loita contra o virus", manifestou.

ABEL CABALLERO

Pola Súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a reclamar este luns á Xunta que lle facilite información da evolución da pandemia na cidade, e criticou a "neglixencia" do goberno de Feijóo por non facilitar eses datos aos municipios e a súa negativa a "rectificar", que atribuíu á "soberbia" do presidente galego.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico arremeteu novamente contra a Xunta, á que acusado de "neglixente" por non facilitar esa información aos municipios, que deben "coadxuvar" no control da pandemia a través de recursos como policías locais, protección civil, brigadas de desinfección, etc.

"Non teño ningún dato oficial dos niveis de contaxio na miña cidade. É unha neglixencia, un escándalo", proclamou o alcalde, que incidiu en que "Galicia é a única comunidade autónoma que non dá os datos por concellos".

Segundo Abel Caballero, é necesario un "cambio de actitude" de Feijóo, que está "instalado na súa soberbia", e precisou que, se en Galicia e en Vigo hai un baixo contaxio do coronavirus, non é mérito da administración autonómica, senón "dos cidadáns".

EXEMPLO DE PORTUGAL

O alcalde puxo como exemplo o que ocorre en Portugal, onde os municipios "reciben cada día" información da evolución da pandemia por parte do seu Goberno. "Por que non copia a Portugal o señor Feijóo e aprende un pouquiño?", cuestionou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta