O concello de Ourense concentra 475 casos dos 1.037 que rexistra a área sanitaria e é a cidade que máis preocupa

Esta área detectou 117 casos novos e, segundo a actualización deste luns, suma 91 casos activos máis.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 05/10/2020 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

O concello de Ourense --que conta con 105.233 habitantes segundo os datos publicados pola Fegamp-- concentra 475 casos de Covid-19 dos 1.037 contabilizados este luns na área sanitaria ourensá, segundo as cifras actualizadas pola Consellería de Sanidade. Segundo concretaron fontes sanitarias, esta área detectou 117 casos novos e, segundo a actualización deste luns, suma 91 casos activos máis e rexistrou outras 24 altas.

Unha muller permanece sentada nunha terraza do barrio do Couto
Unha muller permanece sentada nunha terraza do barrio do Couto | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Os 1.037 casos activos que rexistra a área sanitaria de Ourense a data deste luns sitúana á cabeza das sete cidades galegas coa maior cifra, e supera o milleiro de afectados; seguida da Coruña, con 820; Pontevedra, con 685; Santiago, 528; Lugo, 495; Vigo, 419; e Ferrol, 117.

En total, concentra 73 pacientes ingresados, deles sete en UCI, e 964 en seguimento domiciliario, o que implica 90 máis, segundo puntualizaron por parte da área sanitaria, que resaltou que aínda que conta con dúas persoas máis hospitalizadas os casos en unidade de críticos baixaron nun.

Na tarde do domingo, ademais, esta área sanitaria rexistrou os dous últimos falecementos notificados en Galicia, dúas mulleres de 96 e 90 anos idade que permenecían ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) procedentes da residencia der maiores As Salinas.

INCUMPRIMENTOS

En relación ao concello de Ourense, a Xunta informou de que a Policía Autonómica tramitou desde a entrada en vigor na medianoite do pasado venres ao sábado da orde  da Consellería de Sanidade de medidas restritivas pola Covid-19 un total de 73 inspeccións e 15 denuncias neste municipio.

As inspeccións centráronse no control de fumadores na rúa e en terrazas, aglomeracións, festas privadas, o uso obrigatorio da máscara e o incumprimento da distancia de seguridade, aforamentos, horario de peche e as medidas sanitarias en terrazas, espectáculos públicos e nos establecementos abertos ao público.

A Xunta incide en que este operativo se enmarca na colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha dentro das súas competencias.

Estas actuacións levan a cabo despois de que o pasado venres o subcomité clínico decidise a prohibición de reunións de persoas que non conviven no mesmo domicilio no concello de Ourense e no barrio do Couto manteña as restricións de consumir no interior de bares e cafetarías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta