Inés Rey carga contra Marea Atlántica polas súas críticas á edil de Deportes: "Hai liñas que non se deberían traspasar"

Por E.P. | A Coruña | 06/10/2020 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, eludiu pronunciarse sobre o recurso de reposición presentado por Marea Atlántica, solicitando a nulidade do nomeamento da exedil de Ciudadanos, Mónica Martínez, como concelleira de Deportes.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Fonte: C0ncello da Coruña.

"Será respondido no momento oportuno, hai prazo para contestar", contestou tras unha reunión co presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes.

Cuestionada, así mesmo, polos argumentos de Marea Atlántica para pedir a nulidade --desde esta formación cualificouse de "tránsfuga" á edil e de "representante dos intereses das grandes inmobiliarias"--, a rexedora asegurou que "hai liñas que en política non se deberían traspasar".

"A crítica política circunscríbese a un ámbito e, a partir do momento en que un cruza esa liña vermella e éntrase en terreos que non se debería entrar, quen se descualifica é quen fai ese tipo de afirmacións", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta