Santiago acollerá en marzo "a maior cita de aeronaves non tripuladas en España", que aprazou a covid-19

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2020 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Santiago acollerá do 2 ao 4 de marzo a sexta edición de Unvex, "a maior cita de aeronaves tripuladas celebrada en España", segundo destacan os organizadores. O evento presencial tivo que aprazarse pola crise da covid-19 e este martes tivo lugar o pistoletazo de saída cun intercambio en formato virtual no que participaron responsables de distintas empresas, xunto ao director de Unvex,Ángel Macho.

Na súa intervención na inauguración do acto, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, destacou que Unvex é "o principal escaparate do sector" e unha "cita de referencia" que "vai permitir nesta edición centrarse nun maior coñecemento e desenvolvemento dos drones que poden prestar servizo á administración".

A secretaria xeral de Transportes e Mobilidade, María José Rallo do Olmo, valorou as múltiples funcionalidades dos drones en ámbitos como o medio ambiente, as infraestruturas, o salvamento, a seguridade e a defensa.  Así mesmo, referiuse ao "rápido crecemento que experimentou este sector en España" co incremento de operadores, pilotos e aeronaves no ámbito civil.

Por parte do ministerio, subliñou a "clara aposta pola cultura da seguridade" co reforzo tamén da "actividade de supervisión". Na súa quenda, o subdirector de programas da DGAM, xeneral de división Salvador Álvarez, fixo fincapé en que este é un "alicerce fundamental para a defensa" no actual escenario.

Drons de vixilancia como os que se utilizarán no Proxecto interfronteirizo 112
Drons de vixilancia como os que se utilizarán no Proxecto interfronteirizo 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta