Temas: FRASEOLOXíA

“Buscar por vida”, equivalente, entre outras, á castelá “buscarse la vida” (2ª parte)

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Santiago de Compostela | 12/10/2020 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Continuando polo vieiro principiado na anterior entrega, ímonos ocupar no presente artigo das locucións galegas que dan conta da acepción coa que maiormente se emprega a secuencia castelá buscarse la vida, que non é senón aquela coa que manifestamos que alguén procura os medios ou recursos para se enfrontar e tratar de solucionar un problema ou dificultade (acepción esta que vén a ser o resultado dun proceso de ampliación semántica e de uso da acepción primixenia que vimos a semana pasada: “Buscar alguén os medios para subsistir ou asegurar a súa subsistencia nun futuro, e mesmo tamén planear a vida segundo a súa propia conveniencia ou interese”).

Traballadores autónomos
Traballadores autónomos

Buscarse la vida

{= Procurar os medios ou recursos para tratar de salvar algún problema ou dificultade.}

Buscar por vida

Mirar por vida

[E TAMÉN]:

Buscar a vida

Ex.: Oye, tronco, búscate tú también un poco la vida, ¡eh!, que no te lo vamos a hacer todo nosotros.

Oe, llou, busca ti tamén un pouco por vida, ¡eh! mira ti tamén un pouco por vida, ¡eh!, que non cho imos dar nós todo feito.

Ex.: Estando ella sola, sin nadie cerca que le pudiese echar una mano, no le quedó más remedio que buscarse la vida por su cuenta para preparar las oposiciones.

Estando ela soa, sen ninguén cerca que lle puidese dar unha man, non lle quedou outra ca buscar por vida mirar por vida pola súa conta para preparar as oposicións.

● Mesmo tamén:

Facer por vida && Facer pola vida

Ex.: Oe, llou, fai ti tamén un pouco por vida, ¡eh! fai ti tamén un pouco pola vida, ¡eh!, que non cho imos dar nós todo feito.

Ex.: Estando ela soa, sen ninguén cerca que lle puidese dar unha man, non lle quedou outra ca facer por vida facer pola vida pola súa conta para preparar as oposicións.

● Tamén, en contextos:

Moverse && Menearse && [E MAIS]: Espabilar(se)

Moverse && Sacudirse && Aviarse && Menearse && [E MAIS]: Espelirse

Ex.: Oe, llou, móvete sacúdete avíate menéate espílete ti tamén un pouco, ¡eh!, que non cho imos dar nós todo feito.

Ex.: Estando ela soa, sen ninguén cerca que lle puidese dar unha man, non lle quedou outra ca moverse sacudirse aviarse menearse espelirse pola súa conta para preparar as oposicións.

● Tamén, en contextos:

(Coller e) Andar polo seu pé (, que tempo é)

Ex.: Oe, llou, colle e anda polo teu pé, ¡eh!, que non cho imos dar nós todo feito colle e anda polo teu pé, que tempo é, e non cho imos dar nós todo feito.

Ex.: Estando ela soa, sen ninguén cerca que lle puidese dar unha man, non lle quedou outra coller e andar polo seu pé para preparar as oposicións.

● E inda tamén, igualmente en contextos:

Arreglárselas && Componérselas && Agenciárselas && Ingeniárselas

Apañarse && Amañarse && Arranxarse && Remexerse && Zafarse && Gobernarse && Defenderse && Axudarse && [E MESMO, EN CONTEXTOS MÁIS REDUCIDOS]: Matarse

Ex.: Estando ela soa, sen ninguén cerca que lle puidese dar unha man, non lle quedou outra ca apañarse amañarse arranxarse remexerse zafarse gobernarse defenderse axudarse pola súa conta para preparar as oposicións.

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Ferro Ruibal, Xesús: Refraneiro Galego Básico. Biblioteca da Cultura Galega. Ed. Galaxia, Vigo, 1995.

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Santamarina, Antón (dir.) & Ernesto González Seoane & María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta