Catro mortos máis elevan a 769 as vítimas da Covid-19 en Galicia

Os falecidos estaban ingresados en Ourense, A Coruña e Santiago de Compostela.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/10/2020 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou catro novas mortes con coronavirus, de forma que o total de vítimas da pandemia elévase ata as 769.

Un profesional sanitario baixa da ambulancia na que viaxa un paciente con Covid-19
Un profesional sanitario baixa da ambulancia na que viaxa un paciente con Covid-19 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Segundo informa a Consellería de Sanidade, trátase dun home de 88 anos que estaba ingresado na Clínica Santa Teresa de Ourense; dúas mulleres de 87 e 85 anos, ingresadas no CHUAC (Coruña); así como outra muller de 87 anos que estaba ingresada no CHUS (Santiago de Compostelas). As tres mulleres tiñan patoloxías previas.

De tal forma, o número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 148. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta