Feijóo abre a porta a un pacto co PSOE para substituír a Jácome "se só se pensa en Ourense"

O Presidente da Xunta vén de dar "liberdade" ó seu grupo para buscar un goberno alternativo. Á vez, insta a Gonzalo Caballero de se o grupo socialista ten luz verde para explorar acordos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2020 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que os populares de Ourense "teñen liberdade para pactar" un goberno alternativo ao que actualmente lidera en solitario --con outros dous edís-- Gonzalo Pérez Jácome, de Democracia Ourensá, despois de que o PP suspendese o pacto que o levou á Alcaldía por "sospeitas" sobre financiamento de DO. Unhas declaracións que contrastan co que el mesmo dicía hai unhas semanas, nas que negaba a posibilidade de un pacto con outras forzas.

Así, na sesión de control ao Goberno celebrada no Pazo do Hórreo este mércores, Feijóo aproveitou a pregunta que formulou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, para instarlle a aclarar se o PSOE tamén ten esa capacidade de pactar en Ourense independentemente das directrices que marque a dirección autonómica.

"Espero que vostede tamén lle deixe liberdade para pactar e espero que a proposta non sexa 'pactaremos con todos para que non goberne o PP'", manifestou Feijóo, na súa intervención, na que reprochou aos socialistas que na provincia de Ourense el ofrecera que o PP liderase a Deputación e o PSOE asumísese as rendas do Concello --ambos como forzas máis votadas en senllas institucións--. Pero o socialistas, dixo, non aceptaron a súa oferta.

Durante o debate, en que Feijóo mostrou que a súa "preocupación" como presidente da Xunta é a situación sanitaria de Ourense, Gonzalo Caballero acusou ao PP situar a Jácome na Alcaldía, a pesar de dicir en campaña electoral que era "letal", para "manter o baltarismo e caquisimo" na Deputación de Ourense. Caballero tamén "coincidiu" en que a situación "máis preocupante" é a sanitaria, pero indicou que cun goberno como o actual na "terceira cidade de Galicia", non se poden xestionar axudas ou outras medidas para os cidadáns.

Folletos contra Feijóo e Jácome repartidos en Ourense
Folletos contra Feijóo e Jácome repartidos en Ourense | Fonte: Instagram

Caballero tamén "coincidiu" en que a situación "máis preocupante" é a sanitaria, pero indicou que cun goberno como o actual na "terceira cidade de Galicia", non se poden xestionar axudas ou outras medidas para os cidadáns.

RESPONSABILIZA A FEIJÓO

Na súa intervención, o líder socialista recriminou que o presidente da Xunta, tras tomar posesión, enviou senllas cartas aos alcaldes das cidades máis importantes. "Remitiu seis, porque non lla remitiu ao alcalde de Ourense, aquel que dicía que era letal para a cidade, ao que vostede colocou na terceira cidade de Galicia", recriminou Caballero, quen lamentou o "legado esperpéntico da ineficacia".

O líder socialista culpabilizou ao mandatario autonómico da situación de Ourense. "Vostede é responsable da crise municipal", acusou Caballero, quen instou a Feijóo a "recoñecer os erros por colocar a Jácome á fronte" e quen preguntou se "considera grave a situación de ingobernabilidade". Tamén lle instou a aclarar "se é consciente de que Ourense necesita un goberno capaz, especialmente, en tempos de covid" e afeoulle o "caos" no municipio.

Pola súa banda, o presidente da Xunta mostrou a súa desconfianza acerca de que o "único obxectivo" do PSOE sexa "conseguir a alcaldía". "Se o PSOE pensa en Ourense, podemos chegar a acordos, pero se só pensa no PSOE, difícil", advertiu Feijóo, quen cuestionou que "a forma de chegar a acordos sexa demonizar ao partido que ten a maioría na deputación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta