Varios incumprimentos da corentena obrigan á policía a vixiar un edificio en Marín

Algunhas das persoas convivintes cos positivos estaban a quebrantar o illamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2020 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Un inmoble situado na rúa Alcalde José do Río de Marín atópase baixo vixilancia de efectivos da Policía Local para garantir o confinamento de todos os seus residentes, debido a un brote de coronavirus detectado o pasado sábado e que ascende a con seis casos repartidos en dúas vivendas diferentes.

Segundo indican desde o Concello de Marín, a investigación iniciouse despois de que un dos inquilinos tivese que ser ingresado o sábado.Os servizos sanitarios achegáronse ata o lugar a vila, dada a imposibilidade destas persoas de desprazarse, para realizar PCR aos convivientes do afectado, de orixe ganesa.

Alí constatouse que algunhas das persoas convivientes non estaban a gardar correctamente a corentena obrigatoria por ser contacto estreito ata coñecer o resultado da proba, o que obrigou a instalar vixilancia policial durante 24 horas para garantir o cumprimento do protocolo sanitario.

Como medida preventiva, os servizos sanitarios decidiron realizar un cribado con PCR a todas as persoas que viven neste edificio, que arroxaron un resultado negativo.

Deste xeito, os inquilinos de todos os demais pisos aos que xa se lles realizou a proba, fóra dos que conviven nas dúas afectadas, poden saír sen problema das súas vivendas. O dono do edificio xa anunciou que se realizará unha desinfección a fondo de todas as zonas comúns do edificio.

A Policía Local informa das normas polo estado de alarma
A Policía Local informa das normas polo estado de alarma | Fonte: © Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta