Cae un clan familiar que traficaba con droga en distintos puntos de Galicia

Polo momento hai catro detidos en Ourense e Ponteveddra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2020 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

Un amplo operativo conxunto da Unidade Contra o Crime Organizado (UCO) da Garda Civil e a unidade de delincuencia e crime organizado (Udyco) da Policía Nacional desenvólvese desde primeira hora deste mércores en varias localidades das provincias de Pontevedra e Ourense no que, ata o momento, tiveron lugar polo menos catro detencións.

No caso da provincia de Pontevedra ordenáronse rexistros na localidade de Mos e en varios puntos de Poio, en concreto en Lourido e Campelo. Fontes da investigación sinalaron que este operativo se dirixe contra un clan familiar de narcotraficantes coñecido como 'Os Ferrados', que supostamente opera desde distintos puntos de Galicia, aínda que o seu centro de operacións localizaríase en Poio.

En Campelo as Forzas de Seguridade levaron a cabo un rexistro simultáneo en dúas vivendas situadas unha enfronte da outra.

Imaxe de recurso dun control da Guardia Civil
Imaxe de recurso dun control da Guardia Civil | Fonte: outisnn wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta