A provincia de Ourense suma tres novos brotes familiares cun total de 10 casos por covid-19

En concreto, un dos novos brotes notificados afecta á parroquia de Outomuro, en Cartelle, e á cidade de Ourense, con catro casos positivos, dous homes, de 53 e 52 anos, e dúas mulleres, de 74 e 51.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2020 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron este mércores de tres novos brotes detectados na provincia de Ourense, a máis afectada pola covid-19 nestes momentos en Galicia, e que suman 10 casos.

Como sucedeu na maior parte dos casos das últimas xornadas, o tres focos son de orixe familiar, unha problemática que obrigou á Consellería de Sanidade a restrinxir os grupos de persoas en contacto aos convivientes en varios municipios. Ademais, Ourense cidade e Barbadás estarán desde esta medianoite confinados perimetralmente para reducir a incidencia do virus.

En concreto, un dos novos brotes notificados afecta á parroquia de Outomuro, en Cartelle, e á cidade de Ourense, con catro casos positivos --dous homes, de 53 e 52 anos, e dúas mulleres, de 74 e 51--.

Así mesmo, en Paderne detectouse un novo foco, con tres casos --un home de 85 anos e dúas mulleres, de 76 e 49 anos--, mentres que na Rúa hai outro brote, tamén con tres positivos --dúas mulleres de 66 e 45 anos e un home de 76--.

En canto á actualización de casos, un brote que contaba con 14 positivos en Ribadavia crece nun, tras a PCR positiva dunha moza de 18 anos. Tamén aumenta nun caso un foco no Carballiño que tiña 9 afectados, co positivo dun neno de 10 anos, e outro no mesmo municipio, que pasa de seis a sete coa PCR positiva dun home de 27 anos.

Finalmente, un brote no municipio de Avión aumenta ata o cinco casos tras a detección do virus nun mozo de 20 anos.

Punto COVID  Arquivo
Punto COVID Arquivo

COMESAÑA  PON EN VALOR O CONFINAMENTO EN OURENSE

O conselleiro de Sanidade,  Julio García Comesaña, puxo en valor as medidas adoptadas en Ourense para frear os contacios da covid-19 aínda que non se alcancen os criterios que marca o Misterio de Sanidade.

Despois de que o deputado socialista Julio Torrado lle criticase este mércores no Parlamento de Galicia que o Goberno galego se opuxese ás medidas sanitarias de Madrid, o titular de Sanidade asegurou que Galicia "non ten nada en contra de que o ministerio tome as medidas que considere en Madrid".

"O que lle pedimos é que as pacte e que non as teñamos que impor as demais autonomías", manifestou Comesaña, que puxo como exemplo da actitude preventiva da Xunta para facer fronte á pandemia o feito de que en Ourense se adoptasen antes sen que se alcancen os 500 casos por 100.000 habitantes, o 35% de ocupación da UCI e un 10% de PCR positivas. "Cos criterios do ministerio non teriamos que facer nada", indicou.

Neste sentido, subliñou que "está demostrado" que cando as medidas se toman con criterios técnicos "funcionan" e sinalou que, precisamente, as medidas que a Xunta aplica co aval do comité clínico funcionan e dan resultado fronte aos brotes.

Deste xeito, destacou que Galicia continúa como a terceira das comunidades con menor incidencia acumulada nos últimos 14 días, cun dato de 104,5 casos por cada 100.000 habitantes. Ademais, engadiu que a media de novos casos atópase estabilizada e mostra unha certa tendencia á baixa desde finais do mes de agosto.

Así mesmo, indicou que, desde o final do estado de alarma e co ánimo de frear a expansión do coronavirus, a Xunta decidiu aplicar medidas restritivas en 48 concellos, unha cifra que se incrementará ata os 98 esta noite. Con todo, celebrou que en 33 destas localidades as restricións xa foron levantadas.

Pola súa banda, o portavoz de Sanidade do PSdeG aplaudiu que "hoxe" o Goberno galego tomase medidas fronte á pandemia pero criticou que "hai unha semana rexeitásenas no Consello Interterritorial de Saúde baballoando contra ao Ministerio de Sanidade".

"Entre a saúde e Ayuso, entre Galicia e Ayuso, entre a colaboración leal e Ayuso, elixiron a Ayuso", lamentou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta