A mortes por COVID en Galicia suman 773 vítimas logo do falecemento de catro persoas máis

De tal forma, o número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 152 en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2020 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou na tarde deste mércores catro novas mortes en Galicia con coronavirus, o que eleva o total de vítimas mortais ata 773 desde o inicio da pandemia.

En concreto, trátase de: unha muller de 66 anos que estaba ingresada no CHOP de Pontevedra; unha muller de 91 anos e home de 81 anos, ingresados no Hospital de Verín; así como unha muller de 90 anos no Chuvi de Vigo. Todos presentaban patoloxías previas.

De tal forma, o número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 152 en Galicia.

A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN/XUNTA DE GALICIA - Arquivo / Europa Press
Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN/XUNTA DE GALICIA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta