Buscan a unha veciña de Narón de 34 anos desaparecida desde este martes

Preparan unha batida pola zona paa este xoves.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 08/10/2020 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional e Policía Local de Narón, ademais de familiares, amigos e veciño, tratan de localizar a unha muller residente na parroquia de Castro, en Narón (A Coruña), de 34 anos, Zeltia Pazos Fontela, da que non se ten constancia do seu paradoiro desde este martes, 6 de outubro.

Segundo a información trasladada pola plataforma 'SOS Desaparecidos' esta muller mide un metro e sesenta centímetros, é delgada, ten pelo castaño longo, ollos azuis e conta con diferentes tatuaxes polo seu corpo.

A través das redes sociais convocouse desde as 9,30 horas deste xoves unha batida pola zona, que partirá das inmediacións do lugar onde reside a muller, polo que se realizou un chamamento á participación na mesma.

Zeltia Pazos Fontela, de 34 anos, desaparecida en Narón.. EP/CEDIDA / Europa Press
Zeltia Pazos Fontela, de 34 anos, desaparecida en Narón.. EP/CEDIDA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta