A investigación tenta determinar se a moza Nerea Añel foi asasinada tras confirmar a morte violenta

A moza desapareceu en xaneiro e o seu corpo foi atopado nunha aldea abandonada de Os Muíños.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2020 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

A investigación aberta sobre o caso de Nerea Añel, cuxo cadáver foi achado en setembro nas proximidades dunha aldea de Barbadás, tenta determinar se a súa desaparición e o seu falecemento puido tratarse dun crime. A análise do corpo descartou as causas naturais e confirmou a morte violenta da moza, segundo indican a Europa Press fontes da investigación.

A partir de agora, as pescudas tentarán profundar nas circunstancias para tentar determinar se houbo algún tipo de criminalidade ou non, posto que a presenza de violencia non implica necesariamente que se tratase dun homicidio (puido deberse a un suicidio ou mesmo a un accidente involuntario).

O cadáver foi localizado en avanzado estado de descomposición por uns senderistas que camiñaban polas proximidades dunha aldea abandonada, na aldea de Os Muíños. A autopsia e o estudo dos restos por parte do Laboratorio de Criminalística da Dirección Xeral da Garda Civil en Madrid confirmou posteriormente que se trataba da moza Nerea Añel, de 27 anos de idade, desaparecida desde o mes xaneiro.

A súa familia a vira por última vez o día de Reis e o pasado mes de febreiro levou a cabo un rastrexo con cans da Policía Nacional nas inmediacións dun motel en Barbadás, onde fora vista a moza. O corpo localizado nas últimas horas atopábase a uns 400 metros dese motel.

Nerea Añel
Nerea Añel | Fonte: EL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta