O ministerio creará tres novos xulgados do social en Galicia para evitar saturación pola pandemia

Serán o 7 da Coruña, o 4 de Lugo e o 7 de Pontevedra e Xustiza pretende que "algunhas" das novas unidades empecen a finais de ano.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/10/2020 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

O Ministerio de Xustiza creará tres novas unidades xudiciais en Galicia para evitar saturación pola pandemia. En concreto, serán tres xulgados do social: o número 7 da Coruña, o 4 de Lugo e o 7 de Pontevedra, en Vigo.

O departamento remitiu este xoves ao Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) a proposta de creación deste tres novas unidades xudiciais para evitar que se saturen os xulgados debido ao "extenso período de retardación estrutural da administración de xustiza" durante a pandemia.

"Con esta medida, en menos dun mes, Xustiza dá cumprimento á Lei 3/2020, de 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á covid-19 no ámbito da administración de xustiza, co obxectivo de que algunhas destas unidades de nova creación entren en funcionamento a finais deste ano", destaca o ministerio nun comunicado.

A retardación como consecuencia da crise sanitaria da covid-19 "esixía un impulso efectivo que permita dar unha saída áxil ao volume de procedementos suspendidos e acumulados desde que se decretou o estado de alarma", incide.

Xulgado de Instrución número 2 de Tui (Pontevedra). EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO - Arquivo
Xulgado de Instrución número 2 de Tui (Pontevedra). EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO - Arquivo

LUGO

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, felicitouse pola creación dun novo xulgado do social en Lugo, unha "moi boa noticia para os lucenses, dada a saturación de procedementos agravada pola pandemia".

Segundo indica a Subdelegación, este xoves comunicoullo á alcaldesa, Lara Méndez, quen "fixo xestións para alcanzar o cuarto xulgado do social".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta