Detidos dous veciños de Boiro por 15 roubos con forza

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2020 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a dous veciños da localidade como presuntos autores de 15 delitos de roubo con forza, un de furto e outro de furto de uso de vehículo a motor, na fase de explotación da 'Operación Bremera'.

Segundo informou o Instituto Armado, esta operación iniciouse por mor dun "elevado número de denuncias interpostas" nas dependencias oficiais da Benemérita en Boiro. As vítimas explicaron que os seus establecementos foran obxecto de roubos con forza de diversos electrodomésticos, aparellos electrónicos, produtos de cosmética, nalgún caso a caixa rexistradora coa recadación no seu interior e, nunha delas, o furto dun vehículo, descoñecendo en todas a autoría dos feitos.

No transcurso da investigación a Garda Civil constatou a existencia dunha serie de feitos ilícitos similares, aínda que as súas vítimas non interpuxeran denuncia. A contía total do subtraído ascende a uns 11.000 euros, sinalaron as mesmas fontes.

Como froito do traballo de campo realizado e a análise da información solicitada ao longo de varios meses de investigación, a Garda Civil logrou a identificación plena dos autores dos mesmos e á recuperación de parte dos obxectos subtraídos.

Efectos intervidos a dous veciños de Boiro detidos por 15 roubos.. GARDA CIVIL
Efectos intervidos a dous veciños de Boiro detidos por 15 roubos.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta