Feijóo, tras pechar Ourense, di que Ayuso "ten razón" e que o Goberno de España "non"

Acusa ao Goberno central de "inxerencia" na Comunidade de Madrid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2020 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM) que deixou sen efectos as restricións impostas polo Ministerio de Sanidade na capital do Estado deixou "claro" que a presidenta Isabel Díaz Ayuso "tiña razón" e que o Goberno de España "non". Curiosamente,  Feijóo foi un dos poucos presidentes autonómicos que deciu confinar unha cidade, Ourense, seguindo os criterios dados polo Goberno central e o chegar os casos de contaxio a máis de 500.

O tamén líder dos populares galegos pronunciouse deste xeito antes de asistir este venres en Santiago de Compostela a unha conferencia do expresidente Mariano Rajoy e ao ser preguntado pola xestión da pandemia por parte da súa homóloga madriñela.

Deste xeito, Feijóo mostrouse "convencido" de que a Comunidade de Madrid "seguirá as instrucións do comité clínico e dos médicos aos que pediu a súa opinión". "Porque iso é o que estamos a facer os presidentes autonómicos", sostivo.

Tras iso, censurou a "inxerencia política" do Ministerio de Sanidade na Comunidade de Madrid, un feito que considerou que "non ten precedentes". "Non hai precedentes de que o Goberno de España, a propósito que non ten competencia, a través dunha orde ministerial tente boicotear as competencias de saúde da comunidade autónoma", indicou Feijóo, que asegurou que o TSMJ "díxolle ao Goberno que non vale todo".

(E-D) O presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Días Ayuso e o presidente da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno
(E-D) O presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Días Ayuso e o presidente da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta