Reaccións despidos Alcoa: Feijóo evita pedir a intervención que demandou xa o comité de empresa

O Ministerio de Industria asegura que "seguirá traballando para lograr unha solución que manteña o emprego" en Alcoa. O BNG e PSdeG tamén piden a nacionalización de San Cibrao para "imposibilitar" o peche da empresa. O presidente da Deputación de Lugo tacha de "intolerable" a actitude de Alcoa: "O tempo de xogar terminou". O PPdeG acusa a empresa de ter "mala fe". En Común considera que "é o momento de intervir publicamente" a factoría. Ciudadanos acusa o PP e o PSOE de deixar "morrer lentamente" a Alcoa

Por Galicia Confidencial | Cervo | 09/10/2020 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Alcoa en Cervo solicitará a medida cautelarísima para que un xuíz paralice o despedimento colectivo a 524 traballadores cuxa aplicación anunciou este venres a empresa. Ao tempo, urxe a ambos os gobernos, o da Xunta e o Executivo central, que "se deixen de palabras" e pasen a "os feitos" coa intervención da planta. "Hoxe é o día", subliñou o seu presidente, José Antonio Zan.

Protesta de traballadores de Alcoa ante a Xunta. EUROPA PRESS - Arquivo
Protesta de traballadores de Alcoa ante a Xunta. EUROPA PRESS - Arquivo

Unha postura que non é a do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que animou ao comité de empresa de Alcoa en Cervo a impugnar o expediente de regulación de emprego da multinacional por consideralo "fraudulento", á vez que instou ao Goberno central a "seguir para conseguir a venda" da planta a un operador a través da sociedade estatal de participacións industriais (SEPI).

Non opinan o mesmo nin o BNG e PSdeG. Así, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou que o Goberno central e a Xunta deben "de inmediato" pór en marcha a intervención pública de Alcoa en San Cibrao para a nacionalización do complexo mariñán.

No mesmo sentido se manifestou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, demandou a Goberno central e Xunta de Galicia que fagan "fronte común" para "intevenir" e "imposibilitar" o peche na factoría de Alcoa en San Cibrao.

O Ministerio de Industria asegura que "seguirá traballando para lograr unha solución que manteña o emprego e as capacidades industriais en Lugo". "Os traballadores, as súas familias e a comarca da Mariña teñen o apoio do Goberno", indica o departamento que dirixe Reyes Maroto nun breve comunicado de prensa.

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, tachou de "intolerable" a actitude da multinacional.  "O tempo de xogar terminou", sinalou o tamén alcalde de Monforte en declaracións difundidas aos medios este venres despois de coñecerse o paso dado pola compañía estadounidense.

SEGUE O MINUTO A MINUTO EN XORNAL DA MARIÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta