O ministro Illa responde a Feijóo que non é necesario cambiar a lei de saúde pública e lembra que Galicia fixo confinamentos

Defende que o Goberno central "foi activo para reforzar o marco xurídico" contra a covid-19.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 09/10/2020 | Actualizada ás 16:22

Comparte esta noticia

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, defendeu este venres que non é necesario modificar a lei de saúde pública como reclamou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a quen lembrou que el mesmo puido decretar durante os últimos meses coa lexislación vixente o confinamento de varias zonas para controlar a expansión da covid-19, entre elas, a que actualmente está vixente en Ourense e Barbadás.

O ministro de Sanidade, Salvador Illa
O ministro de Sanidade, Salvador Illa | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press.

Tras o Consello de Ministros que decretou o estado de alarma en Madrid, Illa defendeu a utilidade das medidas vixentes e insistiu en que se o Goberno tivo que actuar en Madrid é porque non o fixo o Executivo rexional.

Así, descartou a proposta do presidente da Xunta de Galicia, que remitiu ao Goberno unha proposta de reforma da lei orgánica de saúde pública ao considerala "imprescindible para asegurar a seguridade xurídica, os dereitos dos cidadáns e o funcionamento correcto dos operadores xudiciais en España".

"Feijóo sabe que o que expón xa existe, el mesmo aplicou confinamentos perimetrais", respondeu o ministro de Sanidade en alusión ás medidas adoptadas nos últimos meses en varias zonas de Galicia, a última en Ourense e Barbadás.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta