O Concello de Oleiros trasladará á Fiscalía a dimisión da exdirectora do CEIP Luís Seoane por "coaccións" a esta

Nova protesta ante o centro.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 09/10/2020 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

O Concello de Oleiros (A Coruña) trasladará á Fiscalía o caso da dimisión da exdirectora do CEIP Luís Seoane para que "actúe" ante o que considera que podería ser "un posible delito de coaccións por parte da inspección de Educación". Así o informa o consistorio nun comunicado no día en que tivo lugar unha nova protesta ante o colexio en apoio á exdirectora e para esixir a readmisión da mesma, despois de que ela e a comunidade educativa cualificasen de "forzada" a citada dimisión.

Cartel en apoio á exdirectora do CEIP Luís Seoane
Cartel en apoio á exdirectora do CEIP Luís Seoane | Fonte: ANPA.

Máis dun cento de persoas, segundo o Concello e os convocantes, mobilizáronse ante o centro, coincidindo coas protestas que secundan os venres profesores de centros da localidade --tamén para este día estaba convocada no CEIP A Rabadeira-- para esixir medios.

No caso do CEIP Luís Seoane, este venres aproveitouse para mostrar o apoio ao que foi ata hai unha semana o equipo directivo do centro. "Nós xa temos directora" foi unha das proclamas coreadas nunha protesta na que tamén se pediu a dimisión da inspectora de Educación.

Mentres, desde a ANPA confirmaron que para a próxima semana están convocados a unha reunión co xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, tras as xestións realizadas polo PP de Oleiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta