Denuncias por 20 festas en pisos na noite do xoves en Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, volve pedir "responsabilidade".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/10/2020 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, volveu a pedir "responsabilidade" aos cidadáns despois de que a Policía Local detectase e denunciase un total de 20 festas en pisos na noite do xoves a este venres.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo | Fonte: Concello.

O rexedor informou da vintena de celebracións que serán "sancionadas" conforme á ordenanza local de ruídos --dos anos 90--, con multas de 200 euros que poderían pasar a ser de 750 en caso de reincidencia.

Respecto diso, Bugallo dixo que polo momento "non lle consta" que haxa reincidencia nalgunha destas festas, pero que pediu á Policía Local "que se comprobe".

Non obstante as 20 festas do xoves ao venres, que se elevan a 35 se se contan desde o domingo, o alcalde de Santiago considerou que é "moi satisfactorio" porque son cifras menores ás de semanas pasadas.

A capital galega atópase, segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade, na situación 2 de alerta pola pandemia do coronavirus, mentres que o municipio veciño de Ames está no nivel 3, o máximo. Máis concretamente, Bugallo informou de que, a día de hoxe, Santiago conta con 190 casos activos de COVID-19.

Ademais, lembrou que desde que o pasado 8 de setembro, cando a Xunta decretou restricións na cidade para facer fronte á pandemia, mantívose "nun índice de casos activos que oscila entre 160 e 210", unha cifra que "nunca" se superou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta