O Concello de Ourense manterá os controis de entrada e saída estipulados durante a ponte

A Policía Nacional, Garda Civil e a Policía Local dos municipios de Ourense e Barbadás coordinaransepara manter o cumprimento do confinamento.

Por E.P. | Ourense | 09/10/2020 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense manterá os controis de tráfico estipulados nas entradas e saídas á cidade durante a ponte do Pilar polas restricións de mobilidade existentes, sen unha maior presenza da xa prevista. Así, manterase a decisión tomada polo Cecor, o centro de coordinación entre forzas como Policía Local, Garda Civil e Policía Nacional.

Control policial na entrada á cidade de Ourense
Control policial na entrada á cidade de Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, reuniuse con este centro, no que se estableceu como actuar este fin de semana.

A Policía Nacional, Garda Civil e a Policía Local dos municipios de Ourense e Barbadás coordinaranse para manter o cumprimento do confinamento perimetral como ata agora.

A entrada e saída de persoas de ambos os dous concellos verase limitada fóra de motivos laborais, educativos, sanitarios, de retorno á vivenda habitual, para o coidado e a asistencia a maiores, menores, dependentes ou persoas con discapacidade ou especialmente vulnerables.

O subdelegado do Goberno de Ourense, Emilio González apelou a que a cidadanía debe cumprir ademais das restricións de mobilidade coas de capacidade de locais que se atopan en vigor, así como as medidas hixiénico-sanitarias. Considera prioritario manter "a responsabilidade individual" e non baixar a garda "na batalla" contra o coronavirus.

Subliña que "calquera exceso de confianza" pode implicar unha volta atrás "con graves consecuencias" sociais e económicas que se está tratando de evitar.

Na mesma liña manifestouse a Garda Civil da provincia, que comunicou que os controis non se ampliarán porque xa se tivo en conta no plan do Cecor, unido a que en pontes e fins de semana refórzanse de forma xeral os dispositivos.

Sobre se xa houbo sancións por tentar saltarse os perímetros, explica que o Ministerio de Interior impiden comunicar "desde a pandemia" sobre as denuncias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta