Un xulgado desestima unha denuncia que pedía impugnar a candidatura da presidenta dos empresarios de Ourense

Marisol Nóvoa gañou as eleccións en 2019.

Por E.P. | Ourense | 10/10/2020 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

O xulgado de primeira instancia número cinco de Ourense desestimou unha denuncia que pedía impugnar a candidatura coa que a actual presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), Marisol Nóvoa, gañou as eleccións en 2019.

Marisol Nóvoa
Marisol Nóvoa | Fonte: Confederación Empresarial de Ourense.

Nun fallo con data do 8 de outubro de 2020, a Sala desestima esta demanda, xa que considera que "está máis que acreditado" que a denuncia presentada en nome da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) Ourense non contaba coa "autorización previa" da xunta directiva desta entidade, por iso limítase a desestimala sen sequera a entrar ao fondo do asunto.

Nos fundamentos de dereito, o fallo observa que a denuncia presentada polo presidente de AJE Ourense, Lois Babarro, non é válida, xa que non está acredita a reunión da xunta directiva para acordar a decisión de emprender accións legais.

O xulgado sostén que non se probou a existencia desa convocatoria, nin que houbese o quórum necesario, mentres a acta da suposta xunta directiva "non cumpre ningún dos requisitos formais para a súa validez".

Por todo iso, rexeita a demanda interposta. Ademais, impón o pago de costas xudiciais ao demandante. Contra o fallo cabe interpor recurso de apelación nun prazo de 20 días.

A denuncia pedía a impugnación da candidatura por suposta falta de pagamentos de cotas de socios da CEO que apoiaron a Marisol Nóvoa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta