A moda de alta costura aterra en Compostela

A Fundación Eugenio Granell acolle este mércores un desfile de Alalá. Estarán bloguers e xornalistas especializados e mesmo a princiesa de Bulgaria Carla Royo-Villanueva.

Por GC Tendencias | Compostela | 24/04/2013 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

O 'photocall', segundo informa a organización, terá lugar a partir das 19.00 horas. Neste desfile, Alalá, a primeira firma galega especializada no deseño e confección de vestidos xoia de alta costura, presentará a súa colección 2014.

Algúns dos modelos da firma Alalá
Algúns dos modelos da firma Alalá

Carla Royo-Villanueva

A madriña do acto será a princesa de Bulgaria Carla Royo-Villanueva, e contará coa presenza de artistas, bloguers especializados, directores e editores das principais revistas nacionais de moda e estilo.

Alalá é unha firma de alta costura creada por dous deseñadores composteláns: Álex Regueiro e Alfredo Igresias Otero. A empresa converteuse na primeira firma galega especializada no deseño e confección de vestidos xoia de alta costura.

Tags: MODA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 o xenio da terra

Parabéns para esta xente, paréceme moi relevante ver como en Galicia hai xente cunha altísima capacidade de creación. Agárdavos un bo futuro, ánimo¡¡